ANXO MANUEL RODRÍGUEZ RATEL, PRIMEIRO PREMIO DE POESÍA UNIVERSIDADE DE VIGO 2009

!!!!Noraboa de novo¡¡¡ Anxo Manuel Rodríguez Ratel conseguiu este ano o primerio premio de poesía da Universidade de Vigo 2009. Este veciño noso, gran lector, gran amigo da biblioteca cada ano fainos sentir orgullosos de que a poesía teña o recoñecemento que se merece.Este ano na súa obra escribiu versos relacionados coa vila de Baiona. O poemario Talvez infortunio está relacionado coa pérdida da identidade dos veciños e quere recuperar certo espíritu de loita que seica existiron na vila, segundo manifesta Anxo.
As nosas felicitacións para este gran poeta e animalo a seguir, a perseguir o soño.Anxo é a poesía, poesía é o Anxo.Grazas por todo, poeta.
Deseguido un dos poemas de Anxo que nos mandou para o noso blog
No principio foron estas rúas desmedradas
escribindo antepasados na bitácora da miña monofobia
Despois penduraron os fracasos en amarga xerarquía
sen a ebulición voluptuosa da túa imprudencia
Que foi escarnio devastado
en lumes pretéritos
e piedade perpetua na boca miña
Que sigo crendo que estas rúas nos sosteñen
para convocar unísonas pegadas
que clamen ante a traizón
de facernos adultos
Que quero resucitar aquí
nestes ecos arrincados
para maldicir o infortunio
ou cantar por fin
liberdade

Nona dijo
Muchas veces los sueños SI se cumplen... Tienes que seguir así, luchando por conseguir el tuyo, y demostrándole a la gente que sí se puede hacer algo, que aún hay quién cree en la libertad y en recuperar la memoria perdida de este pueblo. Nunca dudé de ti, ni un solo segundo. Gracias por dejarme compartir esto contigo. Te quiero.
19 Mayo 2009 | 04:26 PM