70 nenos e nenas reciben o seu primeiro carné
Setenta nenos e nenas do colexio do Burgo, o Areal, e Agro-Baredo recibiron o carné de usuario da biblioteca. Nunha gran xornada festiva, os nenos e nenas participaron nunha representación de contos, fixeron actividades de animación, xogos e iniciáronse no gusto pola lectura .
Moi emocionados os nenos e nenas recibiron os seus carnés de socios, que lles permite levar libros as súas casas e utilizar todos os servizos da biblioteca. Esta actividade está dentro das actividades do mes do libro .
O próximo día 13 de abril continuamos coa entrega dos primerios carnés os nenos e nenas do colexio de Fontes. Máis de 40 nenos e nenas virán á biblioteca a facerse amigos da mesma
¡¡¡Noraboa a todos/as!!!
