Unha vez máis, a biblioteca é o servizo máis demandado
26.542 usuarios/as utilizaron os servizos da
Biblioteca no 2008, alcanzando un novo éxito
Segundo as estatísticas elaboradas mensualmente, a biblioteca de Baiona marcou un novo éxito ao alcanzar máis de 26542 persoas que utilizaron os servizos da biblioteca no ano 2008: préstamo, servizo de referencia, audiovisuais, Internet, comiteca, actividades de animación, fondo local,…..A biblioteca medrou en máis de 7759 persoas no 2008 con respecto á estatística de 2007, no que pasaron 18783.
Dentro de seu amplo fondo bibliográfico posto que conta actualmente con máis de 23714 rexistros (literatura, cine, música, arquivos de ordenador, historia, xeografía, …….) tamén se rexistrou un gran avance no préstamo bibliotecario, sendo o número total de préstamos no 2008 de 6198, 2351 préstamos máis ca no ano anterior.
A biblioteca tamén conta co servizo de Internet. 8 ordenadores de consulta para adultos, e 2 ordenadores para infantil e rede Wifi fai que utilizaran este servizo 9641 persoas.
