PRESENTACIÓN "CRÓNICA RIMADA DE BAIONA E O SEU MAR"
O xoves, 8 de maio, ás 20,30 h. terá lugar a presentación do libro "Crónica rimada de Baiona e o seu mar" no que se recolle a conferencia pronunciada en Baiona por Xosé M.Álvarez Blázquez no ano 1964. No acto tomaran a palabra Miguel Anxo Mouriño, traductor e editor do texto, e o escritor Xosé M.Álvarez Cáccamo, fillo do homenaxeado neste día das Letras Galegas.
Intervirá tamén o Conxunto instrumental do CPI Covaterreña de Baiona dirixido polo profesor David Piñeiro que interpretará tres pezas instrumentais que se recollen no CD Músicas de privavera que rematan de gravar.
Esta actividade é unha colaboración entre IEM, Concellaría de Cultura do Concello de Baiona e a Biblioteca Pública Municipal.
