5 Noviembre 2009

A Biblioteca Pública Municipal de Baiona foi este ano unha das premiadas na Campaña de Animación á Lectura María Moliner 2009.Foi un dos 350 proxectos mellor valorados pola organización. Este ano presentámonos con proxecto "Abril: mes do libro" onde fixemos diversas actividades : o teu primeiro carnet, mercadillo solidario, animación á lectura.
A organización fará entrega de lotes bibliográficos compostos por máis de 200 libros infantís e xuvenís
Queremos dar as gracias primeiro á organización da Campaña de Animación e segundo e sobre todo os/as usuarios/as que sin eles e coma sempre esto non podería ser posible
A biblioteca municipal seguirá a programar actividades de animación no próximo ano co obxetivo de acercar a lectura, información, educación e cultura a todos e todas
servido por bibliotecabaiona
sin comentarios
compártelo
5 Octubre 2009

A Biblioteca Pública Municipal de Baiona segue coa súa campaña de dinamización e de fomento da Biblioteca en colaboración cos colexios de Baiona
O pasado día 1 de outubro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º curso do Colexio de Belesar viñeron ata a Biblioteca a recibir o seu primer carnte. A xornada foi fabulosa.Máis de 30 nenos e nenas tiveron actividades de contacontos, animación a lectura, xogos, e entrega do carnet da biblioteca para que fagan uso nos servizos que prestamos para eles e elas na Biblioteca
Durante máis de hora e media, todos xogamos, todos nos divertimos e sobre todo disfrutamos da Biblioteca como espazo integrador, formador e participativo
Seguimos tamén con máis actividades :
-O día 6 de Outubro "O sorriso de Rosalía " de Chrystyan Magic para nenos de 9 a 12 anos
-O día 26 de Outubro " Micifú e os seus amigos" : conto musicado, e Servando Barreiro, para os máis pequenos, de 3 a 8 anos
servido por bibliotecabaiona
sin comentarios
compártelo
19 Mayo 2009

!!!!Noraboa de novo¡¡¡ Anxo Manuel Rodríguez Ratel conseguiu este ano o primerio premio de poesía da Universidade de Vigo 2009. Este veciño noso, gran lector, gran amigo da biblioteca cada ano fainos sentir orgullosos de que a poesía teña o recoñecemento que se merece.Este ano na súa obra escribiu versos relacionados coa vila de Baiona. O poemario Talvez infortunio está relacionado coa pérdida da identidade dos veciños e quere recuperar certo espíritu de loita que seica existiron na vila, segundo manifesta Anxo.
As nosas felicitacións para este gran poeta e animalo a seguir, a perseguir o soño.Anxo é a poesía, poesía é o Anxo.Grazas por todo, poeta.
Deseguido un dos poemas de Anxo que nos mandou para o noso blog
No principio foron estas rúas desmedradas
escribindo antepasados na bitácora da miña monofobia
Despois penduraron os fracasos en amarga xerarquía
sen a ebulición voluptuosa da túa imprudencia
Que foi escarnio devastado
en lumes pretéritos
e piedade perpetua na boca miña
Que sigo crendo que estas rúas nos sosteñen
para convocar unísonas pegadas
que clamen ante a traizón
de facernos adultos
Que quero resucitar aquí
nestes ecos arrincados
para maldicir o infortunio
ou cantar por fin
liberdade
servido por bibliotecabaiona
4 comentarios
compártelo
19 Mayo 2009
A Biblioteca Pública Municipal de Baiona sumóuse os actos conmemorativos do día das Letras Galegas, 2009, que este ano adícase a Ramón Piñeiro (Armea, Láncara, 1915-Santiago de Compostela, 1990).A biblioteca celebrou o domingo pola tarde unha lectura pública do libro "Da miña acordanza".Memorias da vida de Ramón Piñeiro e recollidas por Carlos Casares.


servido por bibliotecabaiona
2 comentarios
compártelo
4 Mayo 2009

Setenta nenos e nenas do colexio do Burgo, o Areal, e Agro-Baredo recibiron o carné de usuario da biblioteca. Nunha gran xornada festiva, os nenos e nenas participaron nunha representación de contos, fixeron actividades de animación, xogos e iniciáronse no gusto pola lectura .
Moi emocionados os nenos e nenas recibiron os seus carnés de socios, que lles permite levar libros as súas casas e utilizar todos os servizos da biblioteca. Esta actividade está dentro das actividades do mes do libro .
O próximo día 13 de abril continuamos coa entrega dos primerios carnés os nenos e nenas do colexio de Fontes. Máis de 40 nenos e nenas virán á biblioteca a facerse amigos da mesma
¡¡¡Noraboa a todos/as!!!
servido por bibliotecabaiona
sin comentarios
compártelo
24 Marzo 2009
La Biblioteca Pública Municipal de Baiona ha organizado una serie de actividades encaminadas a celebrar el Día Internacional del Libro, el próximo día 23 de Abril
-Mercadillo solidario " Te cambio un libro por ..."
Biblioteca Pública Municipal en colaboración con la ONG Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona

-Visita a la Biblioteca de las Escuelas de Educación Infantil del Burgo, O Areal, y Agro Baredo el día 20 de Abril.
-Actividades de animación a la lectura: días 21, 22 de 17 a 19 h.
-Presentación del libro "Todos os animais ó caixón" de Susa Herrera.
Día 23 de Abril, Día Internacional del Libro, a las 18:30
servido por bibliotecabaiona
1 comentario
compártelo
11 Febrero 2009

Lo misterioso acecha a la vuelta de la esquina, en el interior de uno mismo. Mujeres grandes que sueñan con hombres diminutos. Maniquíes que sudan. Pollos que llegan desde el mercado a casa, pero que jamás aparecen en la mesa. Mentiras que se convierten en realidades inexplicables. Cerillas viejas que iluminan habitaciones antiguas. Pequeños malentendidos que dan lugar a preguntas fundamentales. Delirios sensatos. Corduras delirantes...... Bienvenido al mundo de Juan José Millás.
servido por bibliotecabaiona
2 comentarios
compártelo
23 Enero 2009
A BIBLIOTECA MUNICIPAL PREMIA OS/AS MELLORES LECTORES/AS DO ANO 2008
A Biblioteca Pública Municipal de Baiona, dentro da campaña anual de animación á lectura, premia os/as seus/súas usuarios/as que máis leron no ano 2008. A actividade está dividida en dúas seccións : unha infantil, e outra de adultos.A lista de premiados son:
Infantil: Ruoqui Costas Alonso, Yara Diestelhorst Coton, Ana Quintas Abia, Aldara Álvarez González, Iván Quintáns González, Xandre Álvarez González e Manuel Loureiro Giráldez
Adultos: Luis Rial Iglesias, Joaquín Quintas Carneiro, Marta Alonso Alonso, Jorge Marcote Martínez, Inés Pereira Pérez, Juani Alonso Alonso, José Ramón Quintáns Marcote, Marta González Rodríguez, Elvira Garrido Pérez, Lucía González Alar, Francisco Escudero Barbero, Manuel Quintáns Domínguez e Rosario Vilar Rodríguez.
Os premiados recibirán un obsequio que deberán recoller na Biblioteca a partir do día 27 de xaneiro de 2008.
servido por bibliotecabaiona
sin comentarios
compártelo